Esta semana foi a primeira da ocioteca e temos que dicir que a valoración que facemos e moi positiva.

Ao comezo nosos visitantes axudáronos coa decoración da aula e fixeron que pasar lista sexa motivador e  divertido, coa creación dos nosos “MiniEu” que entran e saen da escola á ocioteca.

Despois das primeiras choivas do outono, amenceu o mércores cun sol radiante, IMG_20151007_183209polo que decidimos aproveitar e saír a decorar o chan da praza do Albergue, que entre a néboa e a choiva parece que quedou moi triste. Por iso, e porque como dicía Einstein “A creatividade e a intelixencia divertíndose” deixamos  voar a nosa para realizar estas obras de arte que vendes nas imaxes. Temos que recordar que deixar voar creatividade dos nenos e nenas e moi importante para o seu desenvolvemento persoal, de xeito que deixade que saían os pequenos Dalís e Fridas que se atopan no interior dos vosos pequenos e pequenas.

IMG_20151009_180458A nosa filosofía e que os venres, deben ser de experimentar e relaxarse, xa que nos espera unha fin de semana onde nos vai tocar relaxarnos e xogar, polo que imos tratar de fa cer cine, contacontos, experimentos, cociña, etc. Este venres tocou cine da mao do noso amigo Bob Esponja.