Camiñatas á luz da lúa
Datas: Calqueira fin de semana con lúa chea
Desde o alto de Vilañán nunha noite despexada e con lúa chea, teremos a oportunidade de contemplar o plenilunio e ter de fondo o val de Quiroga e o Courel. Nunha ruta sinxela e circular de 8km, no seu punto máis alto disfrutaremos dunha pancetada mentras tumbados, quedaremos abraiados pola claridade do noso satélite.

Duración
4 horas

Distancia
9 km

Dificultade
Baixa

Material necesario
Roupa cómoda e usada, chaqueta de abrigo, calzado adecuado para o uso en montaña e frontal ou lanterna. Recomendase roupa ou elementos reflectantes e manta lixeira
Pide un presupuesto personalizado
Podes aloxarte no Albergue de Quiroga
Se tivéramos que escoller un epicentro para O Courel e a Ribeira Sacra, ese sería dende logo Quiroga. O noso albergue é un lugar onde se sinte a maxia da montaña en todo o seu esplendor. No sur de Lugo, entre vales e ríos, con todos os servizos que poderías necesitar, é un punto de encontro perfecto. Vivir unha aventura, coñecer a natureza, soñar coa historia… son só algunhas das experiencias que poderás vivir.

Mais actividades relacionadas











