Xornada de Aventura no Courel

30,00

Agotado

SKU: XornadaAventura19 Categoría:

Descripción

Ven a desfrutar dunha xornada de aventura no Xeoparque Montañas do Courel.

O 27 de xullo de 2019 temos preparado todo para que descubrades outra cara da nosa serra.

O itinerario será o seguinte:

Ás 9:00h do sábado quedaremos en Casa Ferreiro dende onde iremos ata Ferreirós de Abaixo para comezar a nosa ruta. Visitaremos a Fonte Branca do Fedo, que é unha fonte de auga calcárea medicinal, que noutro tempo era visitada polas xentes da contorna para tomalas augas. Todo este camiño vai por debaixo de Penaboa, no que atoparemos varios regatos que iremos cruzando, polo que é recomendable que traiades calzado e roupa adecuada.

Como a ruta é circular volveremos a Ferreiros de Abaixo para ir cara Casa Ferreiro e desfrutar dun xantar tradicional nesta hospedería rural de Seoane do Courel. Xa pola tarde, iremos cara Seceda e remontaremos o río Fial, no val das Forgas do Fial, ata chegar a última fervenza, que poucos coñecen. Poderemos darnos un baño na súa poza e desfrutar deste salto de auga de más de 24m de altura.

E desde o Courel máis descoñecido e salvaxe, non queremos dar por rematada a nosa xornada de aventura, sen facer unha recomendación aos participantes para que vaiades a Festa da Cultura e Tradición que se celebra en Folgoso do Courel, na que haberá baixada de carrilanas, xogos tradicionais, concertos, cea popular e verbena.

Podedes facer unha reserva de aloxamento na Casa Ferreiro chamando ao 618177919, mandando un email a casaferreiro@tourgalia.com ou mandando unha mensaxe ao seu Facebook.

15 PARTICIPANTES MÁXIMO

DATOS DAS RUTAS

Ruta Fonde do Fedo:

  • Desnivel: 400 metros (+200,-200)
  • Distancia: 5km,
  • Duración aproximada: 4 horas
  • Nivel de dificultade: Alto

Ruta Forgas do Fial

  • Desnivel: 200m (+100, -100)
  • Distancia: 2,5 km
  • Duración aproximada: 2,5 horas
  • Nivel de dificultade: Alto

 

MATERIAL OBRIGATORIO

  • Bota de montaña
  • Pantalón LARGO
  • Mochila
  • Auga
  • Bastóns
  • Gorra ou tubular
  • Crema para o sol
  • Repelente de insectos

*O calzado vaise mollar, polo que se recomenda calzado de reposto.

 

INCLUE

  • GUÍA
  • SEGURO DE ACCIDENTES Y RC
  • XANTAR EN CASA FERREIRO

 

NORMAS:

As rutas discurren por un territorio catalogado en Red Natura 2000 como LIC «Ancares-Courel» e concretamente por unha parte incluida en una Zona de Especial Conservación (ZEC) polo que os participantes deberán seguir as seguintes normas: camiñar polos caminos acotados, non deixar residuos, minimizar o impacto a la flora absténdose de tocar ou recoller especímenes, non correr nin adiantar ao guía, absterse de facer ruido para non perturbar á fauna existente, no caso de traer mascotas, estas deberán levar a correspondente correa. O incumplimento das normas básicas, as indicacións do guía ou a ausencia do material obrigatorio supondrá a exclusión da actividade e a non devolución do importe aboado.