Excursión de Aventura e Natureza

A combinación do Courel coa Ribeira Sacra oferta uns dos paraxes naturáis máis impresionantes de toda Galicia e a península Ibérica e poden ser o escenario dunha aventura inesquecible e educativa. Os rapaces, farán do Courel, o seu patio de xogos e aula de clase e aprenderán a respeta-la natureza e o medio ambiente que, xunto á diversión, son os principios nos que baseamos todas as nosas excursións. En palabras do gran Uxío Novoneyra, “courel dos tesos cumes que ollan lonxe, onde se sinte ben o pouco que é un home”.

109€

por neno ou nena.

99€

Desconto promocional: Aproveítate do 10% nas excursións de marzo e abril reservadas ata o 31 de xaneiro de 2016 ou ata esgotalas prazas.

Datas

Anual

Localización

Albergue de Quiroga, Lugo

Idades

Entre 8 e 17

Actividades

Descenso do Río Sil

Sentirás a emoción de descender o maxestoso río Sil nunha ruta en kayak dende Ribas do Sil ata chegar á confluencia do Sil e o Lor, en Augas Mestas. Un fermoso percorrido no que hai lugar para á diversión e a emoción nos tramos de cachóns e para a tranquilidade que nos permite observar a paisaxe e descansar para recuperar forzas.

Tiro con arco

Anímate a probar connosco o deporte máis antigo da historia. Iniciándote como arqueiro sentirás a comunicación e a concentración entre os teus ollos e o teu corpo preparando a túa postura para apuntar e tirar. A relación entre a túa respiración e a túa postura e fundamental para sentir a emoción de liberar a frecha subitamente.

Zorball

Coa nosa Zorball experimentaredes a sensación de centrifugado e a verdadeira adrenalina. Trátase dunha bola xigante e transparente na que nos introduciremos para comezar a rodar. Esta actividade é apta para nenos e persoas adultas, atréveste con ela?

Pregamento de Campodola

Se os infinitos tempos xeolóxicos resultan difíciles de calcular para un adulto, non digamos xa para un cativo. O visitar este accidente natural de pedra, este pregamento vinculado a estructura tectónica do sinclinal de O Courel, os monitores farán o imposible para que os nenos comprendan os misterios da creación do planeta Terra.

Val das Mouras

Labirinto de rochas brancas e lugar de lendas que dan nome a este espacio formado pola erosión dun subsolo calcario que deixou paso a xigantescas cavernas, estas falan dunha moura que se puña “as veces encima da rocha para peitear os seus cabelos louros cun peite douro”. Un lugar perfecto como peche, onde compaxinarán xeoloxía e cultura e, quizá, os nenos podán ver un destes seres máxicos.