Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

Roteiro das Pozas do Courel

agosto 24 @ 10:00 am - 7:30 pm CEST

Ven refrescarte nas pozas do Xeoparque Montañas do Courel.

O 24 de agosto de 2019 temos preparado todo para que descubrades outra cara da nosa serra.

Este roteiro estival comeza en Casa Ferreiro, en Seoane de Courel ás 10:00 h do sábado 24 de agosto.

A primeira parada é a fervenza de Vieiros, na que poderemos darnos o primiro baño do día e a continuación unha pequena ruta circular ao seu redor na coñeceredes datos interesantes da man do noso guía.

Chegando ao mediodía iremos a Buraca das Choias en Visuña onde aprenderemos máis da xeoloxía caliza do Courel y poderemos darlle un bo trago as súas augas cristalinas.

O xantar coma sempre será en Casa Ferreiro, no que poderemos desfrutar da gastronomía tipica da contorna.

Despois de ter repostas as forzas, dirixirémonos a Poza das Mulas, e unha vez aparcados os nosos vehículos, faremos unha pequena ruta de 1km para poder darnos un baño nas augas do río Lor.

A última parada será continuando o río Lor, nas pozas de Baldomir, onde poderemos desfrutar do derradeiro chapuzón deste roteiro.

Como complemento a este roteiro e guinda final para esta xornada, en Quiroga celebrase a VI Concentración Mototurística A Curuxa, onde haberá exhibicións e concertos nunha atmófera moi motera.

 

 

Material obligatorio:

Mochila, bañador, gorra, protección solar, escarpíns, toalla, calzado cómodo e auga.

Tipo de ruta:

Os desprazamentos serán nos vehículos d@s paticipantes por carreteiras de montaña.

Distancia máxima a percorrer na actividade: 60km.

Inclúe

Guía

Seguro de accidentes e RC

Xantar en Casa Ferreiro

Datos das rutas:

Distancia total camiñando: 2.500 metros.

Dificultade media.

Desnivel positivo acumulado: +200m / -200m.

Normas:

As rutas discurren por un territorio catalogado en Red Natura 2000 como LIC «Ancares-Courel» e concretamente por unha parte incluida en una Zona de Especial Conservación (ZEC) polo que os participantes deberán seguir as seguintes normas: camiñar polos caminos acotados, non deixar residuos, minimizar o impacto a la flora absténdose de tocar ou recoller especímenes, non correr nin adiantar ao guía, absterse de facer ruido para non perturbar á fauna existente, no caso de traer mascotas, estas deberán levar a correspondente correa. O incumplimento das normas básicas, as indicacións do guía ou a ausencia do material obrigatorio supondrá a exclusión da actividade e a non devolución do importe aboado.

Ruta a Vieiros:

  • Distancia total: 30 km ida e volta.
  • Distancia a pé: 400 m con tramos de baixada por cordas.
  • Tempo de aproximación: 20 minutos.

Ruta á Buraca das Choias:

  • 200 metros dende a estrada, forte pendente.
  • Desivel 50 metros.
  • Tempo estimado de aproximación 20 minutos.

Ruta a Poza das Mulas:

  • 10 km en vehículo propio por estradas de montaña
  • Aproximación as pozas: 300 metros. Sendeiro paralelo ó río Lor.

Ruta Pozas a Baldomir:

  • 10 km en vehículo propio por estradas de montaña
  • Aproximación a zona de baño 10 metros

Notas:

As rutas son de distancias curtas sin complicacións pero por terreo accidentado con pendentes.

Calzado recomendado: deportivo con suela en bo estado, que agarre o tobillo.

No río hai pedras polo que se debe esmerar a precaución para minimizar caídas.

Rutas con obxetivo o  baño en distintas zonas emblemáticas no territorio do Xeoparque Montañas do Courel.