Cargando Eventos

Micoloxía no Courel

noviembre 10 @ 9:00 am - noviembre 19 @ 7:00 pm CET

Ven COÑECER OS COGUMELOS do Xeoparque Montañas do Courel.

O 10 de NOVEMBRO de 2019 temos preparado todo para que descubrades outra cara da nosa serra.

Grupo reducido de 10 participantes

Este roteiro estival comeza en Casa Ferreiro, en Seoane de Courel ás 9:00 h do domingo 10 de novembro.

Comezaremos cunha saída teorico-práctica polo Camiño Real dirección Ferreirós onde iredes identificando e recolectando exemplares coa axuda do noso guía.

O xantar coma sempre será en Casa Ferreiro, no que poderemos desfrutar dunha degustación de cogumelos.

Unha vez rematado o xantar e ata as 18:00h faremos un recorrido por Eiriz, Vilamor e Froxán onde poremos en práctica o aprendido pola mañá.

Estas xornadas de iniciación á micolóxía están dirixidas a un público interesado e adentrarse no mundo dos cogumelos, querendo obter os coñecementos necesarios para a identificiación dos grupos máis comúns, as técnicas de recolección, a lexislación e a conservación e consumo. Tamén poderán aprender as técnicas de fotografía para obter as mellores instantáneas dos cogumelos.

 

Material obligatorio:

Calzado de montaña, gorra, cesta para cogumelos, auga, navalla

Tipo de ruta:

Recorrido corto por pistas  asfaltada e por caminos tradionales

Inclúe

Guía

Seguro de accidentes e RC

Xantar en Casa Ferreiro

Datos das rutas:

Distancia total camiñando: 6.000 metros.

Dificultade baixa.

Desnivel positivo acumulado: +150m / -150m.

Normas:

Esta Xornada micolóxica de iniciación por terreos de Rede Natura, recolectaranse os exemplares con fins formativos. Non está permitida a recollida de exemplares para o autoconsumo.

As rutas discurren por un territorio catalogado en Red Natura 2000 como LIC «Ancares-Courel» e concretamente por unha parte incluida en una Zona de Especial Conservación (ZEC) polo que os participantes deberán seguir as seguintes normas: camiñar polos caminos acotados, non deixar residuos, minimizar o impacto a la flora absténdose de tocar ou recoller especímenes, non correr nin adiantar ao guía, absterse de facer ruido para non perturbar á fauna existente, no caso de traer mascotas, estas deberán levar a correspondente correa. O incumplimento das normas básicas, as indicacións do guía ou a ausencia do material obrigatorio supondrá a exclusión da actividade e a non devolución do importe aboado.

10 disponible
Micoloxia30,00Descubre o Xeoparque Montañas do Courel

Por favor rellena todos los campos requeridos