Esta semana o Nadal chegou ao Albergue! Estamos moi contentos aínda que tamén estivemos moi ocupados empezando a decoralo todo.
A semana pasada fixemos unhas bólas de nadal para poñer na árbore con globos e cordón. O resultado foi moi chulo como podedes ver nas imaxes.
Tamén contamos coa axuda dunha persoa moi importante en Tourgalia, Mary, á quen lle encantan as manualidades e sen a que as bólas da nosa árbore non poderían quedar tan bonitas. Mary xogou con nos, axudounos coas tarefas escolares, co obradoiro do día, etc. Moitas gracias pola axuda!
Tamén pintamos unha árbore xigante na praza de diante do Albergue, con Julia, unha pequena veciña que nos deixou as súas pinturas para axudarlle. Moitas gracias a ti tamén Julia!
Na ocio temos un novo reto: o famoso cubo de Rubik chegou ás nosas vidas, e propuxemos aos nosos visitantes que todos os días dediquen un ratiño a tentar recolocalo, e o día que o consigan poderán escoller entre todos que facer durante unha tarde de ocioteca: parque, excursión, manualidades… Estamos a intentalo duramente, pero é un pouco máis laborioso do que parece!
Aos máis pequenos fíxolles moita ilusión montar a nosa árbore de Nadal coas bólas que fixemos a semana pasada, podedes pasarvos a velo polo Albergue, colocámolo á entrada para que todo o mundo ao pasar poida velo!