Acabáronse as festas de Nadal e por fin volvemos á ocioteca con moitas ganas de reencontrarnos outra vez e axudarnos a organizar un pouco nosas tardes.

A semana pasada aproveitamos o frio que fixo para estrear a nosa cheminea de pellets para quentar a nosa aula utilizando biomasa, responsabilizándonos co medio ambiente e comprometéndonos poñendo o noso graniño de area para o coidado da nosa contorna.

E que mellor maneira de facelo que co plan que máis nos gusta nas tardes así: manta e peli! Desta forma creamos o noso cine particular e vimos a película de O Apóstolo, un filme de produción galega que narra misteriosas historias que acontecen nun pobo do camiño de Santiago, e ademais, temos a sorte de ter algúns dos escenarios onde pasaban estas historias destes pequenos personaxes no Museo Etnográfico de Quiroga.

O mércores foi un día máis tranquilo, no que aproveitamos para mellorar a concentración, traballar a motricidade, a memoria visual fina así como potenciar a intelixencia espacial, entre outros. Sí, estamos a falar de algo tan sinxelo como facer puzzles! Uns quebracabezas que doaron dous dos nosos pequenos habitantes e dos cales estamos moi agradecidos, pois podemos pasarnos horas montando e desmontando as pequenas pezas.

IMG_20160120_170214

 

 

 

 

 

 

Para rematar a semana, e como os venres descansamos de toda a semana no cole, aproveitamos para facer algo un pouco máis especial, fomos visitar o Museo Etnógrafico, onde como xa vos dixemos, puidemos ver os escenarios da pelicula que estiveramos vendo toda a semana.

Ademais disto, Ramón Vila fíxonos unha visita guiada en moi divertida, onde puidemos preguntar todo e ata experimentar nos nosos zapatos moitos dos procesos que forman parte da nosa cultura: elaboración de aceite no muíño, traballo do ferro, madeira, mel, castañas… Unha visita moi enriquecedora e da cal estamos moi agradecidos.

IMG_20160122_185059

Pin It on Pinterest