Turismo no Courel e na Ribeira Sacra

Temos a nosa base en Quiroga, o concello con máis rutas de sendeirismo homologadas de Galicia e porta de entrada para facer turismo no Courel e na Ribeira Sacra.

Connosco poderás facer rutas de sendeirismo no Courel, kayak e paddlesurf no río Sil, rutas sinxelas para facer con nenos, coñecer a cultura e a tradición das aldeas do Courel, rutas guiadas en bicicleta de montaña, descubrir as orquídeas do Courel, camiñar a luz da lúa chea no verán, aprender como vive o lobo do Courel, perderte na beleza do Val das Mouras ou namorarte das fervenzas do Courel.


Actividades en familia no Courel

Recorre connosco os camiños máis antigos do Courel, con nenos e mascotas.

Descubre da nosa man os segredos do Canón do Sil.

Pin It on Pinterest

Share This