Quiroga: fáloche a ti para preguntar pola perdida raíz da xente miña que nesta terra viviu e, nela, tiña asentamento profundo o seu solar.

Aproveitando que se achega o día do libro esta semana adicamoslle un ratiño da ocioteca a ler e a axudar a ler aos máis pequenos. Tamén lle fixémos a nosa pequena homenaxe ao escritor ao que van dedicadas as letras galegas deste ano: Manuel María, un escritor cunha estreita relación co Val de Quiroga que se namorou destas terras e ás que dedica varios dos seus poemas, que recolle no seu libro Sonetos ao Val de Quiroga.

Aprendimos con el que se refería aos seus amigos e familia como Tribo, e soupemos que nós tíñamos a nosa pequena Tribo no Albergue, na nosa ocioteca.
Para facer esta homenaxe fixemos unha selección de imaxes deste escritor que complementamos cun poema que fala desta zona.

IMG_20160411_183957

 

 

 

 

 

 

O miercoles foi o cumpre dunha das nosas compañeiras, Olga cumpriu 9 anos e o resto de compañeiros decidiu que non se podía quedar sen tarta de aniversarios, polo que improvisaron unha que estaba riquísima con flan e plátanos. Olga contounos que no seu país, Ucraína, existía a tradición de levantar ao cumpleaneiro ou cumpleaneira nunha cadeira tantas veces como anos cumpría. Todos estabamos de acordo en que esa tradición era máis divertida que o noso tirón de orellas… E ademáis era moito menos perxudicial.

IMG_20160413_183641

 

 

 

 

 

O venres é o noso día de experimentar, así que neste caso pedímoslle axuda a Guille para facer que un volcán feito coas nosas mans entrase en erupción. Así o conseguimos e sabedes como?
É tan sinxelo como mesturar un pouco de bicarbonato sódico con auga e vinagre!

IMG_20160415_180612

Ademais probamos unha técnica de beleza que pensamos en patentar… démonos un baño en mans e brazos de arxila, deixámola secar e acto seguido fómonos a aclarar. Quedáronnos as mans suaves, suaves.


IMG_20160415_191508
IMG_20160415_191601

Pin It on Pinterest