“Ata os seis anos, os nenos viven unha idade máxica, na que o mundo real e o mundo imaxinario aínda non están claramente diferenciados” Elena Gállegos, psicóloga infantil.

A semana pasada o tempo deunos unha pequena tregua para desfrutar duns días soleados que aproveitamos para saír fóra e enchernos da vitamina D que nos deixa o sol.
Tamén traballamos con plastilina para facer un concurso de tortas de plasti e purpurina e quedaron auténticas obras de arte como podedes ver nas imaxes.


Como xa comentabamos nas Redes Sociais, na nosa ocioteca encántanos o entroido, polo que temos un baúl repleto de disfraces que os nenos e nenas utilizan cando queren. Desta forma contribuímos no seu desenvolvemento xa que cando nos disfrazamos damos renda solta á nosa fantasía, espontaneidade e creatividade. Disfrazarse é ademais un bo método para que os nenos expresen os seus sentimentos, para conseguir vencer timidez ou os medos e conseguindo ter confianza neles mesmos.

IMG_20160215_194914
IMG_20160215_182411

Como diciamos antes, estar no val estes días foi unha marabilla, gozamos do sol que se caracteriza por estar case sempre presente na nosa zona observando como nos rodeaban as montañas de O Courel e Quiroga cheas de neve. Por iso aproveitamos ao máximo ese calorciño case primaveral para saír a xogar, ler, debuxar… ao sol.

Nunha destas saídas atopámonos cun pequeno paxariño que polo motivo que fora pasou a mellor vida, e nós, coa axuda de Guillermo (o biólogo do Albergue), fixémoslle un enterramento como se merecia, procurando que estivera rodeado de frores e adicandolle cada un de nós unha frase bonita de despedida.

 

 

 

 

IMG_20160219_182952

 

Para acabar a semana, terminamos coa película “The Croods”, un filme que nos fala de superar os nosos medos e inseguridades para poder desfrutar da beleza do mundo e non perdernos nada do que nos rodea.

Non só nos manda esta mensaxe que debemos interiorizar e trasladar ao noso día a día, senón que ademais a súa temática ten amplos contidos didácticos: a prehistoria, a constante adaptación ao cambio, as dificultades na adolescencia, etc.
En definitiva, o venres tivemos unha tarde de cinema para reflexionar!

 

Pin It on Pinterest