Xornada sobre o Lobo do Courel

O lobo é un animal admirado e perseguido a partes iguais, a fascinación que esperta choca co rexeitamento que sufre especialmente entre as poboacións humanas próximas ás súas zonas de campeo.

Esta xornada comezará ó amencer da man do equipo de Agustín Pérez Souto, introducirémonos no coñocemento dos hábitos do lobo do Courel. Estamos fronte a un animal sumamente esquivo e para achegarnos a el, analizaremos as pegadas e detritus, co que aprenderemos cales son os seus habitos. Se tés uns prisáticos ou unha cámara cun teleobxetivo de máis de 400mm, non te esquezas de traelos.

Posteriormente contaremos cun gandeiro con longa experiencia na cría de gando na serra do Courel, ca súa testemuña coñeceremos os mecanismos de defensa tradicional fronte a acción depredadora do lobo e as consecuencia reais de desenvolver actividade gandeira nunha zona de influencia lobeira.

Para completar esta experiencia, damos a opción de xantar o que xantan os lobos: xabaril, nun restaurante da zona cún menú cerrado por 15€.

 

O Lobo do Courel

Duración

Xornada de día ou fin de semana

Distancia

De 9 km a 15km

Dificultade

Media

Material necesario

Roupa cómoda e usada, chaqueta impermeable, calzado adecuado para o uso en montaña e frontal ou lanterna

Fai a túa reserva

Consúltanos

2 + 11 =

Podes aloxarte no Albergue de Quiroga

Se tivéramos que escoller un epicentro para O Courel e a Ribeira Sacra, ese sería dende logo Quiroga. O noso albergue é un lugar onde se sinte a maxia da montaña en todo o seu esplendor. No sur de Lugo, entre vales e ríos, con todos os servizos que poderías necesitar, é un punto de encontro perfecto. Vivir unha aventura, coñecer a natureza, soñar coa historia… son só algunhas das experiencias que poderás vivir.

Pin It on Pinterest