As Fervenzas do Courel

A ruta das fervenzas do Courel e unha experiencia ideal para aqueles que vos achegades por primeira vez a esta serra.

Este é un roteiro moi sinxelo xa que, os desprazamentos supoñen tan só uns minutos de camiñata. Acompañados por un guía experto visitaremos as fervenzas do Courel, como Vieiros ou Fócaro que son as máis senlleiras e outras pouco coñecidas pero cheas de fermosura arredadas das rutas habituais como a Pincheira do Rexiu e a Pedreira.

Para repoñer folgos a hora do xantar ofrecemosvos un picnic nun lugar máxico onde ademais da beleza do lugar poderemos desfrutar da gastronomia local. Esta é a mellor opción para os que vindes a descubrir o Courel en familia dado que os desprazamentos podes facelos no teu propio vehiculo.


Fervenzas do Courel


Duración

Todo o día

Distancia

90 km en coche

Dificultade

Moi baixa

Material necesario

AUGA



Tarifas

2-3 persoas

20/Persoa
  • Desprazamento en coche
  • Dificultade moi baixa
Apúntate!

4-6 persoas

16/Persoa
  • Desprazamento en coche
  • Dificultade moi baixa
Apúntate!

7-9 persoas

12/Persoa
  • Desprazamento en coche
  • Dificultade moi baixa
Apúntate!

Pin It on Pinterest