As orquídeas do Courel

Ven a coñecer as orquídeas máis características da serra do Courel


Podes vir a descubrir as orquídeas do Courel na primaveira.

Inda que podemos atopar orquídeas por todo o globo, a excepción dos polos e dos desertos mais áridos, en Galicia dada a presenza da influencia mediterránea no clima aumenta grandemente a diversidade destas plantas, ademáis no Courel contamos con afloramentos calizos, tan escasos no noroeste da península, o que fai que xunto co clima e orografía nos atopemos con unhas condicións únicas permitino a observación de especies moi escasas como a Epipactis helleborine ou a Coeloglossum viride.


As orquídeas do Courel


Duración

Xornada de día ou fin de semana

Distancia

De 3km a 7km

Dificultade

Baixa

Material necesario

Roupa cómoda e usada, chaqueta impermeable, calzado adecuado para o uso en montaña. RECOMENDABLE: PRISMÁTICOS, CÁMARA DE FOTOS.

 



As orquídeas do Courel

Sábado
  • 09:00 Recibimento no Albergue de Quiroga e saída dirección Seara
  • 09:40 Parada en ruta para análise e descripción da familia e identificación de Aceras anthropophorum (orquídea do home aforcado).
  • 10:30 Chegada ó entorno da Cova das Choias de Visuña, microreserva de Visuña. Identificación das especies da Zona.
  • 12:00 Chegada ó alto do Couto, microreserva do Alto do Couto. Análise da Dactylorhiza cantabrica, a especie endémica do Courel.
  • 12:30 a 14:30 De camiño a Seoane parada nas praderías calizas. Especie a destacar: Himantoglossum hircinum (exemplares de gran tamaño).
  • 15:00 Xantar opcional na Casa Ferreiro en Seoane (+15€). Degustación de productos típicos do Courel. Prmeiros+Segundos+Sobremesa+Café.
  • 17:00 Paradas en ruta cara o Pozo da Grada: unha especie a localizar (exercicio de habilidade): Neottia nidus-avis.
  • 19:00 Chegada ó alto da Pedra: Gymnademia conopsea e Coeloglossum viride.
  • 20:00 Remate do día.

Pide un orzamento personalizado

10 + 3 =



Podes aloxarte no Albergue de Quiroga

Se tivéramos que escoller un epicentro para O Courel e a Ribeira Sacra, ese sería dende logo Quiroga. O noso albergue é un lugar onde se sinte a maxia da montaña en todo o seu esplendor. No sur de Lugo, entre vales e ríos, con todos os servizos que poderías necesitar, é un punto de encontro perfecto. Vivir unha aventura, coñecer a natureza, soñar coa historia… son só algunhas das experiencias que poderás vivir.
Ves connosco?



Pin It on Pinterest