Ocioteca en el Albergue de Quiroga

Ocioteca Quiroga

O día 05 de Outubro iniciamos a nosa ocioteca de inverno. Un proxecto que foi emprendido con moita ilusión para facer que os máis pequenos e pequenas desfruten do ocio co acompañamento de profesionais que se encargan de transformar as tardes nun entorno onde a educación e a diversión son os piares sobre o que xira este proxecto. Ademais, o noso interese fundamental e axudar ao neno e nena a desenvolver a súa personalidade principalmente a través do xogo e os xoguetes porque non consideramos suficiente coidar ou atender os vosos fillos, si no que imos participar na educación dos mesmos, facendo da ocioteca un espazo de prolongación das vosas casas e da escola.

Durante o curso escolar compaxinar a xornada laboral dos país e nais e a escolar dos nosos cativos pode ser unha tarefa complicada, polo que nós ofrecémosvos un espazo de confianza onde os pícaros e pícaras poderán pasar as tardes dos luns, mércores e venres dende que saen do colexio ata as 20.00h da tarde durante todo ó curso escolar.

Esta ludoteca levarase a cabo no Albergue de Quiroga nunha sala acomodada para os nosos nenos, que eles mesmos decorarán e adaptarán as súas propias necesidades. Desde xeito veranse completamente inmersos no noso proxecto, actuando como axentes clave para a creación deste espazo, participando de todos e cada un dos cambios que se produzan.

Esta actividade vai dirixida a rapaces de 3 a 12 anos e ofrecemos a posibilidade de recoller ós vosos fillos no colexio.

Deste xeito solo tendes que traer a merenda e unha botella de auga e sobre todo, moitas ganas de pasalo ben con nos.