Esta semana tamén puidemos ver uns rallos de sol no val, polo que saímos a xogar ao exterior, e como calquera contorna é propicio para á aprendizaxe, utilizamos as ceras e as cores para debuxar letras cos máis pequenos. Letras coas que formamos os nosos nomes e os dos nosos amigos e amigas.

IMG_20160229_182154
Estas iniciativas son moi positivas para potenciar o desenvolvemento dos nosos nenos e nenas, e que vexan que de calquera obxecto próximo a nós se pode sacar un gran xogo de aprendizaxe.
O que máis nos gustou facer esta semana foi o taller de cociña que fixemos o venres. Esforzámonos para facer unhas exquisitas galletas con faíscas de chocolate.

Cociñar non só fomenta o traballo en equipo e a cooperación por lograr un obxectivo común: unhas galletas riquisimas, senón que ademais fomenta a autonomía dos nenos e nenas que ademais de facerlles protagonistas de todo o proceso (limpeza, orde, elaboración…), permítelles desenvolver a súa independencia e concentración, o cal lles ofrece tamén unha incrible autoestima que fará que se sintan orgullosos dos seus actos, a pesar de que o resultado non sempre sexa o mellor.

IMG_20160304_171543

 

 

 

 

 

Ese proceso, ese facelo, é mellor que calquera perfección, aínda que temos que dicir que no caso das nosas galletas o resultado foi case-perfecto.

Pin It on Pinterest