Excursións escolares

no Courel e na Ribeira Sacra

Excursións escolares e campamentos

Gran parte dos nenos galegos viven en entornos urbanos, afastados dos ríos e montes aos que cantaba Rosalía de Castro. A Serra do Courel, no sueste de Lugo, é o lugar perfecto para que os rapaces volvan a conectar coa natureza. Rodeados polo Lor e os seus afluentes, entre os vales e fragas, os cativos poderán vivir unha experiencia única na reserva natural máis grande de Galicia. Ademáis podemos adaptar cada viaxe as necesidades de cada centro, facendo unha programación a medida das idades e dos gustos de cada grupo.

EXCURSIÓN DE AVENTURA NO COUREL

exursion-escolar-aventura
A Ribeira Sacra e O Courel son o mellor lugar onde vivir unha aventura inesquecible. Connosco poderás navegar en kayak, explorar covas, baixar por empinadas pendentes ou sentirte coma Robin Hood disparando cun arco.

Máis info

EXCURSIÓN DESCUBRE O COUREL

exursion-escolar-cultura
Esta comarca atesoura un grande patrimonio histórico e cultural. As tradicións, a arquitectura e as costumes herdadas dos devanceiros mantéñense vivas nas aldeas que salpican estes montes. Esta excursión mestura a aventura e a cultura, para aprender descubrindo e descubrir aprendendo.

Máis info

EXCURSIÓN DE OUTONO NO COUREL

exursion-escolar-naturaleza
Esta excursión escolar celébrase no outono, que é unha das estacións máis fermosas para coñecer a serra lucense, unha das paraxes naturáis máis impresionantes de toda Galicia. Para coñecelos, os nenos farán do Courel o seu patio de xogos e aula de clase, vivindo unha experiencia en total contacto coa natureza.

Máis info

Utiliza o formulario para pedirnos unha proposta personalizada e poñerémonos en contacto contigo.

13 + 8 =

Pin It on Pinterest