Excursión escolar: Outono no Courel

O Courel en outono é dos paraxes naturáis máis impresionantes de Galicia. Para coñecelos, os nenos e nenas que disfruten desta excursión escolar, buscarán un tesouro, tratando de orientarse a traves de camiños de orixe romana; realizarán xincanas e rutas de sendeirismo mentras aprenden as especies únicas que se dan neste entorno. En resumo, nesta excursión escolar de outono no Courel os rapaces e rapazas poderán vivir unha experiencia moi interesante en total contacto coa natureza.



Datas

Do 22 de setembro ao 24 de xuño

Localización

Albergue de Quiroga, Lugo

Idades

Entre 8 e 17


Actividades na excursión escolar: Outono no Courel


Devesa de Rogueria

Galicia é o bosque de España. E esta situación leva sendo así séculos e séculos, cunha culutra enteira ordenada ao redor das arboredas milenarias. Esta devesa, un bosque atlántico onde atopamos a inmensa maioría das especies vexetais autótocnas galegas, é unha testemuña muda a que os nenos farán falar.

Fervenzas

Os desniveis do terreo, xunto cos ríos e regatos que sazonan o monte, crean unhas paixases fermosas con saltos de agua tan belos como a fervenza de Vieiros, a de Fócaro ou a do Pozo da Grada. Algunhas cunha altura de ata 30 metros, os sendeiros lindantes albergan a gran biodiversidade da zona.

Pregamento de Campodola

Se os infinitos tempos xeolóxicos resultan difíciles de calcular para un adulto, non digamos xa para un cativo. O visitar este accidente natural de pedra, este pregamento vinculado a estructura tectónica do sinclinal de O Courel, os monitores farán o imposible para que os nenos comprendan os misterios da creación do planeta Terra.

Val das Mouras

Labirinto de rochas brancas e lugar de lendas que dan nome a este espacio formado pola erosión dun subsolo calcario que deixou paso a xigantescas cavernas, estas falan dunha moura que se puña “as veces encima da rocha para peitear os seus cabelos louros cun peite douro”. Un lugar perfecto como peche, onde compaxinarán xeoloxía e cultura e, quizá, os nenos podán ver un destes seres máxicos.

Pin It on Pinterest

Share This