Excursión escolar: Descubre o Courel

Se xa calquer terreo ou zona ten as súas particularidades históricas e culturáis, O Courel e a Riberia Sacra teñen unhas ducias máis ca media. Nesta excursión escolar os rapaces e rapazas coñecerán as tradicións, edificios e métodos de subsistencia herdados dos devanceiros e que se manteñenen vivas hoxe nas aldeas e recovecos dos montes e cañóns destas paraxes. Observando a fabricación do aceite, a recollida do mel e o forxado do ferro, e visitando soutos, minas e ferrerías na compaña de poetas, músicos e artesáns, a maxia da cultura do sur de Galicia que Ánxel Fole e Uxío Novoneyra reflexarón seus textos está o alcance da nosa man.

Datas

Do 22 de setembro ao 24 de xuño

Localización

Albergue de Quiroga, Lugo

Idades

Entre 8 e 17

Actividades

Visita o acueducto romano de Romeor

Cando se chega a esta enorme construcción de máis de 50 metros de lonxitude, impresiona reflexionar que leva alí dende o século II. Uns 1.800 anos de historia contemplan os visitantes de este conducto de auga creado para abastecer as explotacións mineiras, cun sistema que, cando o entendan, os rapaces estes sentirán que viaxan polo tempo ata a Galicia romana.

Minería Romana

Continuación lóxica do anterior, a comarca de Quiroga ten o maior conxunto de restos de explotacións minerias, aínda que no aspecto educativo esta gran ventaxa non se aproveitou nunca. Para cambiar esta situación temos un percorrido por As Covas e Margaridade, o Tunel de Paradesca e as minas de Toca e Torubio, vestixios pouco coñecidos máis dunha importancia inmensa.

Túnel de Montefurado

Pero se existe unha paraxe que os cativos non poden deixar de ver esta é o túnel de Montefurado. Culminación do percorrido pola historia romana, é unha das mellores testemuñas das complexas obras de enxeñería que os romanos fixeron na península Ibérica. Construído para extraer o ouro do río Sil, coa súa lonxitude de 120 metros e 20 de altura, permitía secar o meandro do río e extraer o metal.

Producción tradicional de aceite

Aínda que a fama sexa dos andaluces, en Galicia a producción de aceite de oliva remontase as épocas romanas. O val de Quiroga, polas súas características ambientáis, foi unha das maiores zonas aceiteras de España ata que os Reis Católicos se levaron esta industria o sur. Pero hoxe sobreviven uns poucos pequenos produtores que poden dar testemuña da cultura galega da oliva.

Soutos e sequeiros

Pero se con algo nunca puideron foi coa castaña, xa presente en tempos romanos e sustento de poblacións durante séculos. A cultura o redor deste fruto refléxase na economía da zona, no refraneiro, nas vivendas e, por suposto, na paixase. Coa castaña como fío, os nenos coñecerán soutos e sequeiros, métodos tradicionáis e vangardistas, a cultura viva de O Courel.

Pin It on Pinterest

Share This