Excursión escolar: Aventura no Courel

O Courel é un dos paraxes naturáis máis impresionantes de Galicia e pode ser o escenario dunha aventura inesquecible e educativa. Nesta excursión escolar de aventura no Courel, os rapaces farán do Courel o seu patio de xogos e aprenderán a respeta-la natureza e o medio ambiente que, xunto á diversión, son os principios nos que baseamos todas as nosas excursións. En palabras de Uxío Novoneyra, “courel dos tesos cumes que ollan lonxe, onde se sinte ben o pouco que é un home”.

Datas

Do 1 de marzo ó 31 de agosto

Localización

Albergue de Quiroga, Lugo

Idades

Entre 8 e 17

Posibles actividades na excursión escolar de aventura no Courel

Descenso do Río Sil

O largo de cauce do río Sil sentirás a emocionante sensación de baixar en kayak dende Ribas ata a confluencia co Lor, en Augas Mestas. Un percorrido de beleza apabullante no que se combinan espacios de calma e tranquilidade para observar o paisaxe con tramos más veloces e con cachóns que son garante de diversión.

Tiro con arco

Un dos deportes máis antigos que practica o ser humano, a súa execución, aínda que parezca sinxela, require dunha comunicación e coordinación perfecta entre o corpo e a mente. Adopta a postura correcta, crava os teus ollos no obxetivo, acompasa a respiración co movemento de tensala corda e libera a frecha, que volará veloz cara a diana.

Waterball

Imaxina, dentro dunha xigantesca bóla de prástico transparente, como se foras un hámster, rodar por riba da auga. Un subidón de adrenalina e unha experiencia irrepetible, na que conocerás a sensación de camiñar polas augas. Atréveste a probala?

Rafting, multiaventura, sendeirismo guiado, kayaak, rutas en bici, xogos, visita ás Médulas, á Devesa de Rogueira e Val das Mouras.

Pin It on Pinterest

Share This