Esta semana o Nadal chegou ao Albergue! Estamos moi contentos aínda que tamén estivemos moi ocupados empezando a decoralo todo.
A semana pasada fixemos unhas bólas de nadal para poñer na árbore con globos e cordón. O resultado foi moi chulo como podedes ver nas imaxes.

2015-12-02 20.20.34

 

 

 

 

 

Tamén contamos coa axuda dunha persoa moi importante en Tourgalia, Mary, á quen lle encantan as manualidades e sen a que as bólas da nosa árbore non poderían quedar tan bonitas. Mary xogou con nos, axudounos coas tarefas escolares, co obradoiro do día, etc. Moitas gracias pola axuda!

IMG_20151209_171804

 

Tamén pintamos unha árbore xigante na praza de diante do Albergue, con Julia, unha pequena veciña que nos deixou as súas pinturas para axudarlle. Moitas gracias a ti tamén Julia!

 

Na ocio temos un novo reto: o famoso cubo de Rubik chegou ás nosas vidas, e propuxemos aos nosos visitantes que todos os días dediquen un ratiño a tentar recolocalo, e o día que o consigan poderán escoller entre todos que facer durante unha tarde de ocioteca: parque, excursión, manualidades… Estamos a intentalo duramente, pero é un pouco máis laborioso do que parece!

IMG_20151209_174822

 

 

 

 

 

Aos máis pequenos fíxolles moita ilusión montar a nosa árbore de Nadal coas bólas que fixemos a semana pasada, podedes pasarvos a velo polo Albergue, colocámolo á entrada para que todo o mundo ao pasar poida velo!

Pin It on Pinterest