Comer e durmir, desta maneira é como difinimos a nosa casa de hospedaxe en Seoane do Courel. Dende o corazón do Xeoparque Montañas do Courel, terás acceso a varias rutas de senderismo, etnografía e natureza. Consta de 8 cuartos dobres con baño e 2 con baño compartido, e teñen a opción de incluir o almorzo, media pensión e pensión completa.

No noso restaurante poderás comer de carta ou de menú, e disfrutar de pratos típicos da serra coma o xabaril con castañas, a empanada de acelgas ou a tarta de castaña feita por Concha, a nosa cociñeira. Abrimos de venres a domingo e festivos dende marzo ata decembro.  Ademáis por encargo prepáramos cabrito ó forno e chuletón de tenreira galega, ao que sumamos suxerencias de tempada coma o cocido de porco, o caldo ou diferentes pratos a base de cogumelos.

SEMPRE COMA NA CASA.

Reservas para comer & durmir

  618 177 919

Emial: casaferreiro@tourgalia.com

Carta do restaurante

Entrantes

Croquetas caseiras
Empanada caseira
Revolto de grelos, xamón e castañas do Courel
Ensalada de queixo do cebreiro e mel do Courel
Lousa de embutidos caseiros

Pratos principais

Xabaril estofado con castañas do courel
Tenreira á pota con puré de castañas do Courel
Lombo de porco ao queixo do cebreiro
Troita esturruxada (moi frita)
Ovos con chourizo e patacas

Sobremesas caseiros

Filloa de crema de queixo de Cebreiro con mel
Tarta de castañas do Courel
Flan de café caseiro
Ensalada de froita fresca

Sempre temos un bo prato de caldo da casa!
Menú infantil entrante + prato + postre, a consultar 8€.

Cuarto dobre con baño privado

Aloxamento  35,00 €
Media Pensión 77,00 €
Pensión Completa  109,00 €

Cuarto dobre con baño compartido

Aloxamento 30,00 €
Media Pensión 72,00 €
Pensión Completa 104,00 €

Ocupación individual con baño

Aloxamento 20,00 €
Media Pensión 46,00 €
Pensión Completa 62,00 €

Ocupación individual con baño compartido

Aloxamento 25,00 €
Media Pensión 46,00 €
Pensión Completa 62,00 €

+10,00 por cama supletoria nos cuartos dobres

Almorzos:

De 9:00 a 11:00h (reserva previa)
Buffet: 6,00€
Autoservicio: 5,00€
Simple: 4,00€

Horarios:

Entrada: de 17:00 a 22:00 horas

Saída: ata as 13:00 horas

Horario Restaurante

Venres de 20:00 a 23:30

Sábados de 13:30 a 16:00 e de 20:00 a 23:30

Domingos de 13:30 a 16:00 horas

De Marzo a Decembro.

Reservas no 982433065.

Pin It on Pinterest

Share This