Comer e durmir, desta maneira é como difinimos a nosa casa de hospedaxe en Seoane do Courel. Dende o corazón da serra do Courel, terás acceso a varias rutas de senderismo, etnografía e natureza. Consta de 8 habitacións dobres con baño e 2 con baño compartido, e teñen a opción de incluir o almorzo.

No noso restaurante poderás comer de carta ou de menú, e disfrutar de pratos típicos da serra coma o xabaril con castañas, a empanada de acelgas ou a tarta de castaña feita por Concha, a nosa cociñeira. Abrimos de venres a domingo e festivos dende Marzo ata Decembro.  Ademáis por encargo prepáramos cabrito ó forno e chuletón de tenreira galega, ao que sumamos suxerencias de tempada coma o cocido de porco, o caldo ou diferentes pratos a base de cogumelos.

SEMPRE COMA NA CASA.

 



xornadas-do-cocido

Xornadas do Cocido do Courel: 15€. Do 4 de marzo ó 9 de abril.

Sopa de cocido, Cocido do Courel: morro, orella, lacón, botelo, chourizo, castañas, cachelos, repolo e garavanzos. Sobremesas caseiros: Filloa de queixo do Cebreiro, Tarta de castaña, flan de café, ensalada de froita fresca. Bebida, pan, café e chupito.

Menú infantil: 8€.
Prato principal, postre e refresco.

Especialidade da casa: cabrito ó forno e chuletón de tenreira (só por encargo).

Email: casaferreiro@tourgalia.com.

Tlf: 982433065.

Habitación dobre con baño 35€

Habitación dobre con baño compartido 30€

Almorzo Buffet 6€

Horarios:

Entrada: de 17:00 a 22:00 horas

Saída: ata as 13:00 horas

Almorzo de 9:00 a 11:00 horas

Horario Restaurante

Venres de 20:00 a 23:30

Sábados de 13:30 a 16:00 e de 20:00 a 23:30

Domingos de 13:30 a 16:00 horas

De Marzo a Decembro.

Reservas no 982433065.

Carta do restaurante

Entrantes

Croquetas caseiras
Empanada caseira
Revolto de grelos, xamón e castañas do Courel
Ensalada de queixo do cebreiro e mel do Courel
Lousa de embutidos caseiros

Pratos principais

Xabaril estofado con castañas do courel
Tenreira á pota con puré de castañas do Courel
Lombo de porco ao queixo do cebreiro
Troita esturruxada (moi frita)
Ovos con chourizo e patacas

Sobremesas caseiros

Filloa de crema de queixo de Cebreiro con mel
Tarta de castañas do Courel
Flan de café caseiro
Ensalada de froita fresca

Sempre temos un bo prato de caldo da casa!
Menú infantil entrante + prato + postre, a consultar 8€.

Reservas Comer&Durmir

Emial: casaferreiro@tourgalia.com

Teléfono: 982433065

Móbil: 618177919



Como complemento do aloxamento na Casa Ferreiro, poderás facer disfrutar dunhas experiencias únicas na serra do Courel.


Pin It on Pinterest

Share This