O Courel e a Ribeira Sacra cóntanse entre os lugares máis fermosos de Galicia, descúbreos con Tourgalia

Para entrar neles e gozalos en todo o seu apoxeo, recoméndase ter unhas poucas xornadas. Etnografía, botánica, arqueoloxía, espeleoloxía, gastronomía… as posibles actividades son tantas e tan variadas que para espremelas ao máximo o adecuado é durmir na zona. A Casa Ferreiro e o Albergue de Quiroga son a mellor alternativa para unha viaxe que che cambiará a forma de ver a vida.

Casa Ferreiro, Seoane do Courel

Casa Ferreiro leva 20 anos dando de comer e de durmir no corazón da serra do Courel. En Tourgalia queremos retomar a paixón coa que esta casa rural deu de comer e durmir durante anos. Sen perdelas raices queremos que veña quen veña a nosa casa, tanto sexa a comer ou a durmir, repita. O noso restaurante abre os fins de semana con menús estacionais e cociña especial baixo reserva, no que poderás degustar productos tipicos da nosa terra.

Albergue de Quiroga

Se tivéramos que escoller un epicentro para O Courel e a Ribeira Sacra, ese sería dende logo Quiroga. O noso albergue é un lugar onde se sinte a maxia da montaña en todo o seu esplendor. No sur de Lugo, entre vales e ríos, con todos os servizos que poderías necesitar, é un punto de encontro perfecto. Vivir unha aventura, coñecer a natureza, soñar coa historia… son só algunhas das experiencias que poderás vivir.

3 + 11 =

Pin It on Pinterest

Share This