Volvemos despois dunhas minivacacions de semana santa á Ocioteca do Albergue, e aínda que esta semana fose máis curta que o resto, xa que en Quiroga o luns foi festivo, deunos tempo a facer moitas cousas.
Empezamos o miercoles tratando un tema que por desgraza hoxe en día esta moi presente nas nosas vidas: o acoso escolar e a discriminación entre compañeiros.

Para facelo, vimos un curto chamado “Pedra, papel e tesoira” no que se explica a historia dun papel que empeza o curso nun cole novo cheo de tesoiras que fan que senta desprazado, discriminado e triste. Todas excepto unha, que se converte na sua compañeira e grazas á cal se sente moito mellor. Un día, de camiño a casa atópanse a dous papeis incordiando a unha pedra polo que o papel que foi discriminado nun principio non dubida en saír a defendela. Despois de ver o curto levamos a cabo un pequeno debate sobre estes casos e sobre se nos recoñecemos nalgún destes papeis e como todos fomos papel, pedra ou tesoira algunha vez, elaboramos un mural no que nos compremetiamos a respectar a todas as persoas que nos rodean, xa que para sempre debemos tratar como nos gustaría ser tratados.

12439474_1039572946129256_5416230786981800354_n

O venres para finalizar a semana, convertémonos en muralistas por un día e pintamos unha preciosa oliveira tan característico da nosa zona e aquí tedes o resultado! Aínda non está terminado pero para que vexades o ben que traballamos cando o facemos xuntos e quen sabe se de aquí saldra algún Castelao na súa faceta de pintor.

 
IMG_20160401_175347
IMG_20160401_185907

 

 

Pin It on Pinterest