[AVISO COVID-19] Siguiendo las indicaciones del Acuerdo del Consello de la Xunta de Galicia, NOMBRE DEL CENTRO permaneceremos cerrados desde el lunes 16, como consecuencia de la evolución del COVID-19. La Xunta ha suspendido los viajes de estudios, excursiones, o cualquier tipo de desplazamiento de grupos de alumnado o de profesorado y esto nos afecta directamente. Mantendremos UNICAMENTE activas 2 vías de contacto, por lo que no atenderemos el resto de cuentas de correo electrónico, teléfonos o Whatsapp. kiara@socratea.com | 616 374 113 jlvazquez@socratea.com | 637 895 831

«As lavandeiras, eses seres mitolóxicos que a crenza sitúa nas augas profundas deste río, e das que se cre lavan e pulen as pepitas de ouro que o Sil deposita no seu leito…»

Esta semana puidemos seguir gozando do veroño que nos acompaña este ano, e aínda que entendemos que non debería facer esta calor e que hai ser respectuosos co medio para evitar estes trastornos no clima, aproveitamos para saír a xogar fora e facer unha gymkhana por toda a vila.

IMG_20151120_171358IMG_20151120_171717

 

 

 

 

 

IMG_20151116_204607

Non vos fiedes do apetitosas que se ven! Os especialistas recomendan non comelas…

 

Seguimos traballando co outono e aproveitando os recursos reciclados que resultan das visitas dos diferentes coles que veñen de excursión ó Albergue de Quiroga e os recursos naturais que nos ofrece esta estación do ano que tanto nos gusta, fixemos unhas pequenas Amanitas Muscarias con hueveras.

 

 

IMG_20151116_190757

 

Como vos explicavamos o principio da entrada, esta semana poidemos descubrir a lenda da Lavandeira do Sil que caracteriza o noso Albergue, a cal nos levou por todas as rúas de Quiroga e polos diferentes establecementos explicándonos anaco a anaco a súa historia, para finalizar cunha explicación de Guille sobre o ouro e o bateo do mesmo nas augas do Sil e ensinounos un pedacito de ouro que garda ben gardado. Ademais, disfrazámonos e xogado como de costume.

IMG_20151120_185953IMG_20151120_181615

Moitas grazas a Guille e aos locais de Quiroga que nos axudaron a esconder as pistas da nosa gymkhana!

IMG_20151118_173002