O Courel

Como nunca o imaxinaches


Quiroga é o noso epicentro e tamén a entrada ó mundo máxico do Courel. Estas montañas atravesadas polo pregamento de Campodola son testemuñas do nacemento xeolóxico de Galicia. Dende Quiroga tamén miramos á Ribeira Sacra, aspirante a ser patrimonio da Humanidade. Nós coñecemos estas paraxes mellor ca ninguén, xa que o que da sentido a nosa labor é mostrar a riqueza desta zona a nenos e non tan nenos. Cunha oferta difícil de igualar, somos pioneiros en amosar a maxia desta terra dende a súa mesma orixe.


Excursións escolares e campamentos no Courel

A meirande parte dos nenos galegos viven en contornas urbanas afastados dos rios e dos montes ós que cantaba Rosalia de Castro. As montañas da serra do Courel, no sueste da provincia de Lugo, son o lugar perfecto para que os rapaces conecten coa natureza máis pura. Rodeados polo Lor e os seus afluentes, entre os vales, os soutos e as fragas os nenos poderán vivir unha experiencia inesquecible no seo da reserva natural máis grande de toda Galicia. O noso equipo formado por biólogos, mestres, pedagogos e monitores de tempo libre estará o voso carón nesta experiencia. As actividades pódense adaptar as necesidades dos centros escolares e institutos.

Descúbreas



Rutas no Courel: Etnografía,sendeirismo, turismo activo e xeoloxía

O Courel e a Ribeira Sacra atópanse entre os lugares máis fermosos de Galicia, son o escenario ideal para desenvolver actividades de aventura e turismo activo. Neste entorno o visitante poderá atopar milleiros de actividades para gozar dunha estancia inesquecible na que sentir con intensidade a esencia do Courel. Tanto se estas a buscar unha aventura que suba os niveis de adrenalina como se te achegas na procura dunha xornada de tranquilidade; os ríos, as sendas e as fragas deste lugar serán o teu mellor aliado. Somos a mellor opción para o turismo no Courel e Ribeira Sacra.

Descubre O Courel

Consúltanos

3 + 11 =

Pin It on Pinterest